BASES DO VIXÉSIMO OCTAVO CERTAME DE PINTURA
"CONCELLO DE CAMBRE". ANO 2011
1. O Concello de Cambre convoca o VIXÉSIMO OITAVO CERTAME DE PINTURA CONCELLO DE CAMBRE, dotado con 8.000,00 euros para o primeiro premio, 4.000,00 euros para o segundo e dous accésit. Estas cantidades estarán suxeitas ás retencións legais que lles sexan aplicables.
2. Poderán concorrer os artistas de calquera nacionalidade residentes en España, que así o acrediten, cun máximo de dúas obras. Non poderán acceder ao primeiro e segundo premio aqueles artistas que xa fosen galardoados con estas distincións nalgunha das dez anteriores edicións.
3
3.1 As dimensións serán: 165x165 cm, o formato máximo e 90x90 cm, o mínimo. As obras que se presenten deberán ser únicas, orixinais e non premiadas noutro certame. Faranse sobre calquera tipo de material a excepción do vidro, con tema e técnica libre, sen enmarcar ou enmarcadas cun listón.
3.2 No dorso de cada obra deberán figurar: título, medidas, prezo de venda ao público, nome e apelidos do autor e pseudónimo, se o tiver.
3.3 Achegarán: fotocopia do DNI ou documentación que o acredite como residente, breve currículo do autor, enderezo, número de teléfono e unha foto a cor de cada cadro presentado. Esta documentación pasará a formar parte do Patrimonio do Concello de Cambre.
4. A recepción das obras será do 10 ao 31 de outubro en horario de oficina, de 9:00 a 14:00 horas os días laborables e sábados de 10:00 a 13:00 horas. Remitiranse á Biblioteca Municipal Central, r/ Samosteiro, núm. 4-B, 15660 CAMBRE (A Coruña).
Teléfonos: 609 484 960 – 981 613 193 e-mail: info@certamepinturacambre.org.
5 O xurado, unha vez reunido, fará comunicación pública dos premios acordados e das obras seleccionadas.
A composición do xurado coñecerase dous días antes do ditame, reservándose o dereito a declarar algún premio deserto, se o estimase oportuno.
Ademais das obras gañadoras, o xurado seleccionará un número, acorde coas dimensións da sala de exposicións, de obras que destaquen polo seu valor artístico dentro do conxunto de pezas a concurso para a súa exhibición.
O veredicto do xurado será inapelable.
6 A entrega de premios terá lugar o día 16 de decembro, ás 20:30 horas, na Sala de Exposicións da Biblioteca Central de Cambre, quedando as obras seleccionadas expostas desde ese día ata o 15 de xaneiro de 2012.
7 Realizarase un catálogo no que se incluirán as fotografías das obras seleccionadas. Así mesmo, os autores das obras seleccionadas autorizan ao Concello de Cambre, cedéndolle os dereitos correspondentes de modo exclusivo, a dispor da reprodución fotográfica destas, coa finalidade de que este as incorpore á páxina web municipal e á do Certame www.certamepinturacambre.org, para os efectos da súa transmisión vía Internet.
O Concello comprométese a incluír, xunto á reprodución da obra, o nome e apelidos do seu autor.
8 As obras correspondentes ao primeiro e ao segundo premio, pasarán a formar parte do Patrimonio Cultural do Concello.
9 As obras estarán convenientemente aseguradas mentres permanezan nas dependencias municipais, declinando toda responsabilidade fóra destas e no transporte das pezas.
10 As obras non seleccionadas poderanse retirar do 14 de novembro ao 10 de decembro nos locais municipais na praza Europa, 7 Baixo, en horario de oficina, de 9:00 a 14:00 horas os días laborables e sábados de 10:00 a 13:00 horas. Os autores seleccionados disporán desde o 18 ata o 31 de xaneiro de 2012 para retirar as obras nas dependencias arriba indicadas. Transcorrido este período, non terán dereito a ningunha reclamación e as obras pasarán a ser propiedade do Concello de Cambre.
11 As obras recibidas mediante transporte de mercancías ou correos remitiranse aos seus autores polo servizo de transporte que a organización considere oportuno, salvo que as retiren persoalmente ou por persoa autorizada. Os gastos do transporte serán por conta dos participantes.
12 O feito de participar neste Certame presupón a aceptación das presentes bases.




